jueves, 30 de octubre de 2014

CÁLCULO MENTAL

Os nenos e as nenas de 5º traballamos o cálculo mental resolvendo unhas follas nas que hai operacións como: restas, sumas, multiplicacións... nós temos que poñer os resultados no caderno nun tempo determinado.
Tamén fixemos o cálculo mental no ordenador, que foi o que máis nos gustou.

viernes, 24 de octubre de 2014

MAFALDA E O 24 DE OUTUBRO

O 24 DE OUTUBRO É O DÍA DA BIBLIOTECA.
NESTE CURSO MAFALDA FOI A PROTAGONISTA DA CELEBRACIÓN, POR DOUS MOTIVOS:

  • PORQUE ESTE ANO SE CELEBRA O 50 ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DA SÚA PRIMEIRA TIRA CÓMICA
  • PORQUE AO SEU CREADOR LLE DERON O PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DA COMUNICACIÓN
O CASO É QUE RECIBIMOS UNHA TIRA CÓMICA DE MAFALDA DENDE A BIBLIOTECA E ADEMAIS A MESTRA NOS PROPORCIONOU MÁIS.
XA VOS CONTAREMOS TODO O QUE TRABALLAMOS SOBRE ESTA NENA TAN ESPECIAL

miércoles, 22 de octubre de 2014

E SEGUE O NOSO PROXECTO

SOBRE O UNIVERSO ESTAMOS TRAENDO INFORMACIÓN.
TEMOS MOITÍSIMA E COA INFORMACIÓN XA COMENTADA E CONTRASTADA ESTAMOS ELABORANDO PRESENTACIÓNS EN EQUIPOS COOPERATIVOS.
 XA VOLAS POREMOS.
POLO DE AGORA DEIXAMOS ALGO DA INFORMACIÓN QUE TROUXEMOS



MAQUETA SOBRE O COMIC

O mércores, 22 do 10 do 2014 os nenos e as nenas dun grupo de 5ºA decidiron facer unha maqueta dun conto.
Realizárona nos recreos coa colaboración do seu conserxe Paco.
Cando estivo rematado entregáronlla de agasallo a súa mestra de lingua galega, Rocío.
 Feito por :Cristina Crespo, Sohaib Asdih, Mikel Barbadillo e Francisco Javier.

lunes, 13 de octubre de 2014

UNHA CLASE DE MATEMÁTICAS

O mércores 8 de outubro, na clase de matemáticas traballamos co libro dixital. Primeiro os encargados e as encargadas de cada grupo foron buscar os ordenadores dos seus compañeiros e das súas compañeiras, acendémolos e buscamos en internet o noso libro. Cando o atopamos puxémonos a traballar cos exercicios, algúns no ordenador outros no caderno.
Antes de que tocase o timbre a nosa mestra Tere fíxonos unhas fotos traballando.
Foi unha clase diferente!!!

viernes, 10 de octubre de 2014

O MAGOSTO VAI CHEGAR

NON SABEMOS A DATA... MAIS É SEGURO QUE CHEGARÁ!
QUE... COMO O SABEMOS?
DOADO: XA ESTÁ ANTÍO NO COLEXIO. E SÓ CHEGA CANDO LLE CHEIRAN AS CASTAÑAS.

QUE PROBLEMA TERÁ NESTE CURSO? APOSTAMOS A QUE NOLO DI NUNHA CARTA DAS SÚAS.

domingo, 5 de octubre de 2014

UN CÓMIC

UN DOS TEXTOS QUE RECOLLE NARRACIÓNS DE CIENCIA FICCIÓN, FUTURO, VIAXES POLO UNIVERSO,... SON OS CÓMICS. IMOS INVESTIGAR SOBRE ELES AXUDÁNDONOS DE CÓMICS VARIADOS. LAMPI, A MASCOTA DA BIBLIOTECA, MANDOUNOS ALGÚN CÓMICA PARA LER E ANALIZAR.