martes, 25 de noviembre de 2014

XOGOS "FORZA 3"

Esta mañá visitáronnos "unhas doutoras" para examinarnos, e así poder ver se tíñamos o virus que circula pola zona.
Fixéronnos unhas probas lingüísticas, físicas e mentais por grupos. Unha desas probas trataba sobre o corpo humano: tíñamos que pór partes do corpo onde correspondían, pero evitando que o virus nos infectase.
Outra proba foi de velocidade: o noso equipo dividíase en 3 filas. Despois un compañeiro pasaba debaixo das pernas dos outros compañeiros, e collía unha letra. Intentabamos crear o máximo de palabras.
A última proba consistía en: a monitora dicía unha adiviña e nós collíamos o paracaídas e intentábamos meter a bola dentro do buraco e así resolver a adiviña.
Todos e todas saímos desinfectados para o noso traballo escolar.

viernes, 21 de noviembre de 2014

UNHA MAÑÁ DE FOTOS

Hoxe á mañá cando estabamos na clase coa profe Graciela,chegou a profe Teresa cunha cámara de fotos.
Díxonos que era para sacarnos fotos e logo colgalas no Blog do CEIP Vilaverde.
Tivemos que sacar dúas fotos cada un e cada unha de nós, por se algunha saía mal. Todos e todas puxemos a mellor pose e sorriso,para saír o máis chulos/chulas e guapos/guapas que poidesemos, xa que ninguén quería saír mal na foto.
Primeiro a profe Teresa sacoulle as fotos a Iria e despois Iria coa axuda da profe Teresa, sacoulle dúas a María Martínez e María ao compañeiro Anxo... e así sucesivamente, uns e unhas aos outros e outras ata terminar con toda a clase de 5ºB, incluida a nosa profe Graciela.

ALGUNHAS DAS NOSAS PRESENTACIÓNS SOBRE O UNIVERSO

Observade algún dos resultados do noso traballo coas presentacións.
A medida que as vaiamos corrixindo iremos poñéndoas no blog
Así recollemos, en equipos cooperativos, a información sobre a que traballamos co proxecto do Universo.





Agora quédanos avaliar que aprendemos con este proxecto.

jueves, 20 de noviembre de 2014

CORRECCIÓN POWER

Hoxe estivemos coa dificil tarefa de ver como podemos mellorar as nosas presentacións en power e impress.
Despois de traer información sobre o Universo, de contrastala, de revisala, de ampliala,... Decidimos recoller toda a información que tiñamos en presentacións. Elaborámolas en equipos cooperativos e despois imos corrixilas en gran grupo. Cada grupo expoñía o seu traballo sobre a recollida de información sobre o UNIVERSO, mentres as e os demais anotabamos os erros que íamos vendo e as posibilidades de melloralo.
Cando acababan a exposición comentabamos o que atopáramos e facíamos as preguntas das que tiñamos dúbidas sobre a información exposta.
Entón algún ou algunha compoñente do grupo anotaba os erros para podelo corrixir ademais de explicar os motivos do formato e contestar preguntas sobre o texto. Démonos conta das faltas que tíñamos, de que é importante o tipo de letra que empregamos, das cores que poñemos, das imaxes que ás veces non se entenden ben e de que todas e todos os membros do grupo debían estudar ben a información para poder responder as preguntas.
FOI UN TRABALLO COMPLICADO PERO DO QUE APRENDEMOS PARA OS SEGUINTES PROXECTOS QUE FAGAMOS.

miércoles, 12 de noviembre de 2014

EDUCACIÓN VIARIA

Hoxe veu un policía darnos unha charla sobre a seguridade viaría: pór o cinturón como é debido, cruzar cando está en verde,...
Logo, ensinounos un video onde ninguén cumpría as normas e víanse as consecuencias.
Cando rematou o video as e os que tiñamos algunha dúbida fíxemos preguntas.
Ao remate da charla regalounos un lapis da policia local a cada un e cada unha.
Foi unha charla interesante

viernes, 7 de noviembre de 2014

CHEGOU O MAGOSTO

Este magosto foi xenial. Fixemos xogos con castañas: a roda, a castaña por detrás, ...
A protagonista deste ano foi Dona Castaña,tivemos que facer un conto onde ela era a protagonista.
Comemos moitas castañas..., ata fartar!.
Por último os e as de coro cantámoslle ao alumnado de 6ª o "RAP do magosto".

martes, 4 de noviembre de 2014

PRESENTACIÓN EN POWER

Dentro do proxecto sobre o universo... fixemos un power para estudar mellor e recoller toda a información.
Foi moi divertido preparalo.