viernes, 18 de diciembre de 2015

FELIZ NOVO ANO 2016

O ALUMNADO DE 6º E MAILO PROFESORADO DESEXAN

FELIZ 2016

O DÍA DA CHOCOLATADA

Bueno, este ano toca repartir na chocolatada, estamos todos moi entusiasmados e vimos preparados para a ocasión.
 Xa chegou "O DÍA", todos estamos moi nerviosos, e cada un tén unha tarefa asignada.
Esta noite non puidemos durmir da emoción, temos moitas ganas de repartir chocolate.
Esperamos que a todo o mundo disfrute da festa e o pase moi ben.
Felices Festas, e prospero Ano Novo!!!!

martes, 15 de diciembre de 2015

ESTE ANO A CHOCOLATADA VIRÁ ACOMPAÑADA DO APALPADOR?

POR ESTA ÉPOCA, NO COLEXIO, VISÍTANNOS DIVERSOS PERSONAXES.
UN DOS TÍPICOS É O PANDIGUEIRO OU APALPADOR.
O CURSO PASADO ESTIVO NO CENTRO. NÓS PREGUNTÁMONOS SE VOLVERÁ.
MENTRES TANTO IMOS INVENTAR HISTORIAS SOBRE EL.


viernes, 4 de diciembre de 2015

DEREITOS E CONSTITUCIÓN

NESTES DÍAS OBSERVAMOS COMO A NOSA CONSTITUCIÓN RECOLLE DEREITOS FUNDAMENTAIS.
UN DELES É O DEREITO A NON SUFRIR DISCRIMINACIÓN.
REFLEXIONAMOS SOBRE ISO E DEBATEMOS, TEMOS PENSADO MOITO SOBRE O TEMA PORQUE ULTIMAMENTE NOS XORNAIS QUE LEMOS NA AULA OBSERVAMOS COMO MOITAS VECES SE VULNERAN OS DEREITOS DAS PERSOAS.
TEMOS DEREITO A NON SUFRIR DISCRIMINACIÓN POR RAZÓN DE SEXO, RAZA, RELIXIÓN, CULTURA, IDADE,...

NO VINDEIRO TRIMESTRE SEGUIREMOS REFLEXIONANDO SOBRE O TEMA... XA VOS COMENTAREMOS

miércoles, 2 de diciembre de 2015

COLABORAMOS NA BIBLIOTECA

SOMOS ENCARGADAS E ENCARGADOS DA BIBLIOTECA.
POR EQUIPOS, NALGÚNS RECREOS FACEMOS DE AXUDANTES DE LAMPI.
XA VOS CONTAREMOS A EXPERIENCIA NA QUE TAMEN PARTICIPARÁ O ALUMNADO DE QUINTO.

jueves, 26 de noviembre de 2015

FACENDO TARXETAS E EXPERIMENTANDO

VEÑEN AS FESTAS DO INVERNO, UNHAS FESTAS TÍPICAS E CÍCLICAS.
COSPOI E LAMAMÍ TEÑEN PROBLEMAS PARA REMITIR AS POSTAIS DE FELICITACIÓN.
ISO PÁSALLES POR TER TANTAS AMIZADES!
A NÓS VAINOS VIR XENIAL PORQUE IMOS INVESTIGAR CON TÉCNICAS PLÁSTICAS DIVERSAS

viernes, 20 de noviembre de 2015

CONTRA O MALTRATO DE XÉNERO

VARIOS ARTIGOS, HISTORIAS, CONTOS E POEMAS VAN SERVIRNOS PARA REFLEXIONAR SOBRE ESTE TEMA.
PREOCÚPANOS MOITO A CANTIDADE DE CASOS DE MALTRATO DE XÉNERO QUE HAI.
NA CASA PODEMOS CONVERSAR SOBRE TODO ISO E TAMÉN LER CONXUNTAMENTE OS TEXTOS TRABALLADOS NA CLASE.
HAI VARIOS NO NOSO BLOG DE VALORES.




jueves, 29 de octubre de 2015

OS OBRADOIROS DE TUNEADO DE TROMPOS

NESTA SEMANA ESTIVEMOS A PREPARAR OS TROMPOS PARA A EXPOSICIÓN QUE NOS PEDIU ANTÍO.
TOCOUNOS TRABALLAR CO ALUMNADO DE INFANTIL DE TRES ANOS.
FOI XENIAL!
TITORIZAMOS A UNHA NENA OU A UN NENO E ELABORAMOS O ADORNO DOS TROMPOS POR PARELLAS.
VELAQUÍ ALGUNHA FOTO!
DESPOIS ESCRIBIMOS UN TEXTO SOBRE A NOSA EXPERIENCIA. COMO EN LINGUA ESTAMOS REPASANDO OS SIGNOS DE PUNTUACIÓN TÍÑAMOS QUE UTILIZAR O PUNTO E COMA, OS DOUS PUNTOS E PUNTOS SUSPENSIVOS.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA

"Trompos rodando y niños pintando"

Estábamos en clase muy contentos y satisfechos porque la hora anterior habíamos ido a la clase de 3 años, ¡Ah! Espera que lo cuento desde el principio...
Era jueves 29, faltaban pocos segundos para que tocara el timbre cuando... ¡¡¡ring!!! la profe nos dijo que iríamos a la clase de 3 años ¡BUAH! Estábamos deseando ir; antes unos cuantos fuimos al laboratorio a coger pinturas y otros bajaron al aula de 3 años A. Una vez allí ¡que recuerdos! Los juguetes que entonces nos parecían geniales ahora eran: pequeñas cocinitas de plástico, móviles falsos, algunas comidas rotas... je, je nos fueron distribuyendo por las mesa y cada unos se presentó a su compañero, hubo algún lloro pero poco cosa. Nos dieron los trompos y los clavamos en unas barritas de plastilina, cogimos las pinturas y empezamos a colorear y pintar.
  Mi compañero se llamaba Elias y era muy espabilado, lo que fue una suerte porque yo no tengo precisamente... mucha paciencia. 
Los niños no eran unos Picassos pero los trompos quedaron basstante chulos, los había: blancos, rojos, azules, verdes, rosas... y con diferntes estampados: puntos, rayas. Cuadrados, con purpurina...
 Al final nos hicímos una foto y marchamos, algunos contentos y otros aliviados por haber acabado la tarea.
¡ Fue una aventura fantástica!

jueves, 22 de octubre de 2015

PARTICIPAMOS NO CONTACONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA

HOXE, PARTICIPAMOS CONTANDO CONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA.


O CONTO TITULÁBASE "CANGUELÍN E FANFARRÓN"
PODEREDES VER O VÍDEO CLICANDO AQUÍ:

miércoles, 21 de octubre de 2015

COLÓN PONTEVEDRÉS E A IDADE MODERNA

ANDAMOS A INVESTIGAR SOBRE A IDADE MODERNA.
MOITOS SUCESOS DESTE PERÍODO TIVERON RELACIÓN COA NOSA CIDADE...
SABEDES ONDE SE CONSTRUÍU A CARABELA SANTA MARÍA?
SABEDES QUE EN PONTEVEDRA VIVIRON FAMOSOS NAVEGANTES?

martes, 6 de octubre de 2015

CO OUTONO CHEGA O MAGOSTO

ANTÍO XA APARECEU POLA CLASE E DEIXOUNOS UNHA CARTA...
NON FOI NINGUNHA SORPRESA A VERDADE PORQUE... SE HAI MAGOSTO CHEGA ANTÍO (GÚSTANLLE MOOOOOOITO AS CASTAÑAS).
O QUE SI É SORPRESIVO É O QUE NOS PEDÍU: UN CATÁLOGO DE CORES, UN TUNEADO DE BUXAINAS E UNS CARTEIS...
ESTE ANTÍO NON PARA DE ARGALLAR COUSAS!!!

lunes, 5 de octubre de 2015

OS NÚMEROS TAMÉN TEÑEN A SÚA HISTORIA

OS NÚMEROS TAMÉN TEÑEN A SÚA HISTORIA...
DE ALGÚN XEITO DEBERON APARECER UNS NÚMEROS NA PREHISTORIA, PORQUE... COMO NON ÍAN CONTAR?
NA IDADE ANTIGA OS DIFERENTES POBOS TIÑAN SISTEMAS DE NUMERACIÓN... UNS DELES ERAN OS NÚMEROS ROMANOS. MÁIS TARDE ADOPTAMOS OS NÚMEROS QUE USAMOS AGORA

POUCO A POUCO VIUSE A NECESIDADE DE CREAR FÓRMULAS DIFERENTES DE NUMERAR


jueves, 1 de octubre de 2015

QUE SUCEDÍA NA IDADE MEDIA?

IMOS COMEZAR NESTES DÍAS CUN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE ESTE PERÍODO DA HISTORIA.

AXUDÁDESNOS A ATOPAR A INFORMACIÓN QUE PRECISAMOS?

martes, 29 de septiembre de 2015

INVESTIGAMOS SOBRE AS IDADES DA TERRA

VOLVEMOS RETOMAR A ORIXE DA TERRA E COMO FOI EVOLUCIONANDO...
MOITOS, MOITOS ANOS E... PREHISTORÍA!
E DESPOIS MOITOS ANOS MÁIS E...
XA VOS CONTAREMOS PORQUE ANDAMOS A INVESTIGAR SOBRE O TEMA.
E TODA A INVESTIGACIÓN COMEZOU CUN TEXTO SOBRE UNHA MÁQUINA DO TEMPO...

lunes, 7 de septiembre de 2015

O NOSO ÚLTIMO CURSO NA PRIMARIA



COMEZAMOS NESTA SEMANA O ÚLTIMO CURSO DE PRIMARIA.
 XA ESTAMOS EN 6º!! 
AS NOSAS MASCOTAS SEGURO QUE TIVERON MOITAS AVENTURAS, COMO TODOS OS ANOS, E ESTE CURSO TAMÉN NOS ESTARÁN AGARDANDO NAS AULAS.
QUE SORPRESAS TRAERÁN?

viernes, 19 de junio de 2015

REMATOU O CURSO

HOXE REMATAMOS AS CLASES.
QUINTO FOI UN CURSO MOI INTERESANTE NO QUE APRENDEMOS QUE XA IMOS SENDO MAIORES...
VÉMONOS EN SETEMBRO NAS AULAS DE 6º!



" O curso rematou, botaremos en falta aos amigos, as amigas e ás profes.Qsedámonos cos bos e malos recordos do curso. Agora toca gozar ata chegar a 6º. Un bico e unha aperta. Alumnado 5º"

APRENDER NAS VACACIÓNS

IMOS DE VACACIÓNS.
MAIS NAS VACACIÓNS NON DEIXAMOS DE APRENDER:

  • PODEMOS APRENDER CANDO XOGAMOS
  • PODEMOS APRENDER CANDO VISITAMOS UN SITIO NOVO
  • PODEMOS APRENDER COAS AMIZADES
  • ....
TAMÉN TEREMOS TEMPO PARA REPASAR UN CHISQUIÑO. AÍ VOS QUEDAN SUXESTIÓNS:


UNHA SORPRESA PARA AZUCENA


Na biblioteca había un ambiente agradable. Era fin de curso. Queriamos darlle unha sorpresa (esperamos que fose agradable) e as grazas polo seu traballo á orientadora do centro, Azucena Arias.
Sempre que lemos un libro os escritores e as escritoras fannos unha visita. Azucena escribe libros, prepara traballos para nós, así que decidimos facer un traballo sobre ela, buscamos información e preparamos uns murais, fixemos unha descrición dela, aprendemos uns poemas seus para recitarlle e anotamos preguntas sobre datos que nos gustaría coñecer.
Cando tiñamos todo listo unha profe foina buscar, entón recitámoslle os poemas. Vaia sorpresa levou!!!
Ao final pedímoslle que asinara no libro das visitas.
Deunos a impresión de que marchaba contenta.

UNHA SORPRESA PARA TERE NO ÚLTIMO DÍA DE CLASE

AGARDAMOS MOI COLOCADAS E COLOCADOS A QUE CHEGASE E...
TACHÁN!
 VAIA SORPRESA LEVOU!

miércoles, 17 de junio de 2015

UN PERCORRIDO HISTÓRICO POLA CIDADE

CO GALLO DO REMATE DO PROXECTO SOBRE A HISTORIA QUE ESTAMOS REALIZANDO FIXEMOS UNHA SAÍDA POLA CIDADE.
PUIDEMOS VER MONUMENTOS E RESTOS  DE DIFERENTES ÉPOCAS.
FOI UNHA SAÍDA ESTUPENDA NA QUE APRENDEMOS MOITO. A NOSA GUÍA FOI UNHA PROFE QUE ESTIVO NO COLE E AGORA ESTÁ XUBILADA, A PROFE SITA. GRAZAS POR AXUDARNOS SITA!



ANTES DO PERCORRIDO ACOMPAÑAMOS A LARA A RECIBIR O SEU AGASALLO. CANTO ORGULLO SENTIMOS!


viernes, 12 de junio de 2015

VISITA DO ALUMNADO DE 4º


El alumnado de 4º nos vino visitar, para ver que cambios había en 5º, los libros digitales...
Unos días antes preparamos unas cartas muy chulas y las metimos en sobres de colores.
Cuando entraron por la puerta fue un momento muy especial, se sentaron y comenzamos a contarles cosas de 5º. Mi compañera me hizo muchas preguntas y yo tenía que contestarlas, claro. Fue muy divertido hasta que se quedó sin preguntas. En el momento en que se quedó sin preguntas, estuvimos un rato en silencio hasta que se me ocurrió enseñarle como hacer un power point.
Espero que se haya ido con buen sabor de boca y que le apetezca pasar a 5º.
Fue muy satisfactorio.

AL FINAL NOS HICIMOS UN SELFIE

miércoles, 20 de mayo de 2015

VISITOUNOS FERNANDO FILGUEIRA, O FILLO DE FILGUEIRA VALVERDE

HOXE, RECOLLEMOS AO ALUMNADO DE INFANTIL DE 5 ANOS NAS SÚAS CLASES E FOMOS ESCOITAR A FERNANDO FILGUEIRA.
FALOUNOS DO SEU PAI E CONTOUNOS ANÉCDOTAS.
FIXÉMOSLLE VARIAS PREGUNTAS, O ALUMNADO DE 5 ANOS TAMÉN.



FILGUEIRA VALVERDE
El hijo de Filgueira vino a hablarnos sobre su padre, que hacía, que costumbres tenía, si pasaba tiempo con su familia...
Antes fuimos a buscar al alumnado de 5 añitos; siempre que me hago cargo de un ñiño pequeño me da la sensación de ser muy responsable. Me gusta mucho esa sensación porque me hace sentir maior.

Cuando nos reunimos con Fernando el hijo de Filgueira nos dio muchos datos sobre su padre, gracias a él tengo las ideas más claras, me lo imaginaba un poco más joven.

La verdad, sabía muchas cosas y parecía estar en buena forma; lo que más me impactó fue que fuera alergólogo aunque ya está retirado.
Y aquí acaba mi redacción.
Marcos Álvarez

miércoles, 13 de mayo de 2015

ANIMACIÓN Á LECTURA CON MAXIA

NESTE MAIO DAS LETRAS TIVEMOS UNHA ANIMACIÓN Á LECTURA ESPECIAL... UN MAGO!

TRABALLAMOS COA PRENSA

LAMPI PÍDENOS UNHA NOTICIA...
PARA QUE A QUERERÁ?
O CASO É QUE BUSCAMOS NOTICIA, RESUMÍMOLA E REMITÍMOSLLA NUNHA CARTA A LAMPI.
DE MOMENTO ESTÁN NA BIBLIOTECA...
SEGUIREMOS ATENTAMENTE QUE PASA CON ELAS.


lunes, 11 de mayo de 2015

TRABALLANDO AO REDOR DE FILGUEIRA VALVERDE

NESTE MES TRABALLAMOS AO REDOR DO PERSONAXE HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS.
É UN PONTEVEDRÉS.
INVESTIGAMOS SOBRE A SÚA BIOGRAFÍA E A SÚA OBRA.

ADEMAIS ELABORAMOS POESÍAS PARA O CERTAME DE POESÍA DO COLEXIO.

jueves, 23 de abril de 2015

HOXE NA BIBLIOTECA CON LEDICIA COSTAS

NESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS A LER UN LIBRO MOI INTERESANTE E A SÚA AUTORA ESTIVO CONNOSCO. A SESIÓN TIVO LUGAR NA BIBLIOTECA E FOI MOI DIVERTIDA E INTERESANTE.

Ledicia Costas, veu ao colexio falarnos do seu libro "Escarlatina, A cociñeira defunta" que estamos a traballar, e algunhas curiosidades sobre os seus premios e obras .
Sentímonos cómodos e cómodas porque sabemos tanto dela que semellaba que éramos amigos e amigas dende fai moito tempo.
Díxonos que no verán ía facer unha "precuela" do libro Escarlatina , A cociñeita defunta. Ao final collimos os nosos libros e fixemos unha ringleira para que nolo asinase.
Deunos a impresión de que marchou moi contenta.

martes, 21 de abril de 2015

TRABALLANDO CON 3 ANOS

Os nenos de 5º fomos onda os nenos de 3 anos e cada neno de 5º tiña que coller un de 3 anos pola man e levalo ao ximnasio alí ía comezar o traballo.
Cando chegamos ao ximnasio preguntamoslle a nosa parexa como se chama e despois ensinabamoslle diferentes siluetas, cando o neno ou nena xa sabia cal queria facer deitabalo enriba do papel que repartira a profesora; os nenos de 5º co seu lápis fixeron a súa silueta, cada parella ía perfeccionando o seu ata que quedara ben feitas, cando xa parecia que quedara ben pedimoslle aos nenos de 3 anos que collera o folio por unha punta e o neno de 5º collía a outra punta e xuntos os dous tiñamos que levar o folio onde estaban as outras siluetas que xa se remataran de facer.

miércoles, 15 de abril de 2015

UN 23 DE ABRIL MÁIS

NO COLEXIO ESTAMOS A PREPARAR A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO CON VARIAS ACTIVIDADES.
ALGUNHAS DELAS SON:
- PRESENTACIÓN DO NOSO LIBRO FAVORITO CO OBXECTIVO DE ANIMAR ÁS COMPAÑEIRAS E AOS COMPAÑEIROS QUE O LEAN E TAMÉN PARA QUE NOS COÑEZAN MELLOR E POIDAMOS PRACTICAR EXPRESIÓN ORAL.
- TRABALLAR SOBRE O LIBRO, A ETIQUETA PARA COLOCALO NA BIBLIOTECA, OS ARTILUXIOS QUE SE XERAN AO REDOR DEL,...
- COMENTAR POR QUE SE CELEBRA O 23 DE ABRIL
- TRABALLAR SOBRE CERVANTES E A SÚA OBRA CUME
-...

martes, 14 de abril de 2015

UNHA VISITA AO MUSEO

DENTRO DO PROXECTO SOBRE AS IDADES DA TERRA (ORIXE, PREHISTORIA, IDADE ANTIGA, IDADE MEDIA,...) ESTAMOS A UTILIZAR MOITAS FONTES DE INFORMACIÓN.
UNHA DELAS FOI A VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA ONDE PUIDEMOS VER TODO O RELACIONADO COA PREHISTORIA.

lunes, 13 de abril de 2015

UN FÓSIL NO COLEXIO



Ola, son Sohaib da clase de 5ºA e como comezamos a estudar a Prehistoria e os períodos anteriores da Terra, decidín traer un recordo que tiña meu pai desa época. Chámase Trilobite, un tipo de cangrexo prehistórico que podía chegar medir 1m e os máis pequenos 1mm de lonxitude.
Os Trilobites apareceron moito antes que as plantas, dinosauros, peixes, mamíferos... son case tan antigos como o propio tempo. Tiveron os primeiros ollos coñecidos e tiveron tanto éxito que non cambiaron case nada ao longo de 300 millóns de anos. Vivía no Sahara cando era un océano.
O trilobite quedou como unha pedra e ao darlle un golpe parteu pola metade deixando ao ser inerte nunha pedra e a marca do contorno noutra.
Xa ensinado o fósil na miña clase e no outro 5º leveino xunto Azucena que me acompañou ás clases de infantil porque elas e eles tamén están a traballar con idades da terra e falaron dos dinosauros e de animais que os precederon.

viernes, 20 de febrero de 2015

NEGRA SOMBRA

No colexio Vilaverde estamos buscando información sobre un poema de Rosalía de Castro.
A cada grupo tocoulle un poema, a nós o titulado "NEGRA SOMBRA".
Tíñamos que buscar información sobre el e facer unha ilustración.
Xa sabemos que este poema foi incluido no poemario "FOLLAS NOVAS" no ano 1880 e que foi representado por primeira vez na Habana en 1892. Hai varias interpretacións del, entre elas que é unha homenaxe á morte do seu home ainda que tamén se cre que representa o temor de Rosalía á morte.
A nosa compañeira Cristina fixo un debuxo moi bonito que foi elixido para poñer no noso blog.
Todo isto o estamos facendo porque o próximo martes 24 de febreiro é o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e no colexio imos facerlle unha homenaxe.

NAVEGA CON RUMBO

Hoxe tivemos unha charla na que nos explicaron os coidados que debiamos ter co internet.
Veu un señor chamado Enrique a darnos unha charla sobre a seguridade cando te metes en internet; dixéronnos que internet é unha rede e tamén unha maneira de comunicarte cun familiar que viva lonxe de ti,fixeronnós moitas preguntas como por exemplo se internet é malo; Enrique dixo que el cría que a mellor resposta e que ten cousas boas e cousas malas, tamén nos preguntaron se era perigoso, una nena dixo que é perigoso cando chateas con persoas que non coñeces pero se buscas información ou queres xogar ou chatear cun familiar non é perigoso, tamén nos contaron moitas maneiras de facerlle mal as persoas ou acosalas e que non debes darlle datos privados ou fotos as persoas que non coñezas.

domingo, 8 de febrero de 2015

UN NOVO ENTROIDO VAI CHEGAR

NESTE ANO O ENTROIDO VÉN RELACIONADO CON FICCIÓN E CIENCIA...
 PREPARAMOS A LIÑA DO TEMPO SOBRE O ENTROIDO TRADIICIONAL, O DISFRACE E LEMOS MOITO SOBRE O ENTROIDO...
ADEMAIS ESTE CURSO TÓCANOS PREPARAR "AS ÚLTIMAS VONTADES DE VILAVERDIÑO", QUEN POR CERTO INDA NON DEIXOU VER NIN UNHA SOA PLUMA POLO COLE... QUE ARGALLARÁ?


martes, 3 de febrero de 2015

OS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Mañá, mércores 4, viaxaremos ata A Coruña para visitar a CASA DAS CIENCIAS, o PLANETARIO, o ACUARIO e a DOMUS. Seguro que traemos moitíiisima información para os nosos traballos de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, así seranos máis fácil sacar boas notas nestas disciplinas e todos e todas estaremos máis contentos e contentas.
Temos que levar:
-Chuvasqueiro
-Roupa cómoda
-Merenda para á mañá
-Comida
-Merenda para á tarde
E
-O caderno de observacións do grupo no que anotaremos datos importantes do museo que nos tocou a cada persoa. Repartimos o traballo para logo expoñelo na clase e facer unha reportaxe fotográfica.
Esta noite temos que durmir moito para ir relaxadas e relaxados.
Ata mañá
As profes.

ACTIVIDADE: O CARTAFOL DO LÉREZ


Un monitor dounos unha charla sobre o Cartafol do Lërez, explicounos que todo o alumnado de 5º e 6º dos colexios de Pontevedra poden participar ; contounos un conto sobre un señor que facía todo sempre a mesma hora, nin un minuto máis nin un minuto menos e sempre ía vestido de cor gris ademáis o seu rostro era de cor gris,pero tiña un sono que ao final cumpliuselle. O seu soño era ser cantante nunha orquestra.

O monitor explicounos que tiñamos que pensar persoaxes e cores e logo dicilas, a min tocoume de título un mestre vestido de verde, dounos un pouco de tempo para facer o principio dun conto similar ao que nos leu, eu remateino a tempo dixo que o ía levar para a súa casa para darnos consellos e dicirnos en que o podíamos mellorar, gustaríame gañar aínda que se non gano quédome coa satisfación dunha clase divertida e de participar na actividade
.

domingo, 18 de enero de 2015

RIGOBERTA MENCHÚ, PREMIO NOBEL DA PAZ, DI QUE:



La paz no es solamente la ausencia de la guerra; mientras haya pobreza, racismo, discriminación y exclusión difícilmente podremos alcanzar un mundo de paz.

NÓS PODEMOS CONTRIBUÍR Á PAZ.
ASÍ QUE IMOS, EN EQUIPOS COOPERATIVOS, ATOPAR FÓRMULAS PARA CONTRIBUÍR Á PAZ.
DURANTE ESTES DÍAS IMOS REFLEXIONAR  E ELABORAR ACTIVIDADES DE DIFERENTES ÁREAS AO REDOR DA PAZ.