jueves, 23 de abril de 2015

HOXE NA BIBLIOTECA CON LEDICIA COSTAS

NESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS A LER UN LIBRO MOI INTERESANTE E A SÚA AUTORA ESTIVO CONNOSCO. A SESIÓN TIVO LUGAR NA BIBLIOTECA E FOI MOI DIVERTIDA E INTERESANTE.

Ledicia Costas, veu ao colexio falarnos do seu libro "Escarlatina, A cociñeira defunta" que estamos a traballar, e algunhas curiosidades sobre os seus premios e obras .
Sentímonos cómodos e cómodas porque sabemos tanto dela que semellaba que éramos amigos e amigas dende fai moito tempo.
Díxonos que no verán ía facer unha "precuela" do libro Escarlatina , A cociñeita defunta. Ao final collimos os nosos libros e fixemos unha ringleira para que nolo asinase.
Deunos a impresión de que marchou moi contenta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario