jueves, 23 de abril de 2015

HOXE NA BIBLIOTECA CON LEDICIA COSTAS

NESTE TRIMESTRE ESTIVEMOS A LER UN LIBRO MOI INTERESANTE E A SÚA AUTORA ESTIVO CONNOSCO. A SESIÓN TIVO LUGAR NA BIBLIOTECA E FOI MOI DIVERTIDA E INTERESANTE.

Ledicia Costas, veu ao colexio falarnos do seu libro "Escarlatina, A cociñeira defunta" que estamos a traballar, e algunhas curiosidades sobre os seus premios e obras .
Sentímonos cómodos e cómodas porque sabemos tanto dela que semellaba que éramos amigos e amigas dende fai moito tempo.
Díxonos que no verán ía facer unha "precuela" do libro Escarlatina , A cociñeita defunta. Ao final collimos os nosos libros e fixemos unha ringleira para que nolo asinase.
Deunos a impresión de que marchou moi contenta.

martes, 21 de abril de 2015

TRABALLANDO CON 3 ANOS

Os nenos de 5º fomos onda os nenos de 3 anos e cada neno de 5º tiña que coller un de 3 anos pola man e levalo ao ximnasio alí ía comezar o traballo.
Cando chegamos ao ximnasio preguntamoslle a nosa parexa como se chama e despois ensinabamoslle diferentes siluetas, cando o neno ou nena xa sabia cal queria facer deitabalo enriba do papel que repartira a profesora; os nenos de 5º co seu lápis fixeron a súa silueta, cada parella ía perfeccionando o seu ata que quedara ben feitas, cando xa parecia que quedara ben pedimoslle aos nenos de 3 anos que collera o folio por unha punta e o neno de 5º collía a outra punta e xuntos os dous tiñamos que levar o folio onde estaban as outras siluetas que xa se remataran de facer.

miércoles, 15 de abril de 2015

UN 23 DE ABRIL MÁIS

NO COLEXIO ESTAMOS A PREPARAR A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO CON VARIAS ACTIVIDADES.
ALGUNHAS DELAS SON:
- PRESENTACIÓN DO NOSO LIBRO FAVORITO CO OBXECTIVO DE ANIMAR ÁS COMPAÑEIRAS E AOS COMPAÑEIROS QUE O LEAN E TAMÉN PARA QUE NOS COÑEZAN MELLOR E POIDAMOS PRACTICAR EXPRESIÓN ORAL.
- TRABALLAR SOBRE O LIBRO, A ETIQUETA PARA COLOCALO NA BIBLIOTECA, OS ARTILUXIOS QUE SE XERAN AO REDOR DEL,...
- COMENTAR POR QUE SE CELEBRA O 23 DE ABRIL
- TRABALLAR SOBRE CERVANTES E A SÚA OBRA CUME
-...

martes, 14 de abril de 2015

UNHA VISITA AO MUSEO

DENTRO DO PROXECTO SOBRE AS IDADES DA TERRA (ORIXE, PREHISTORIA, IDADE ANTIGA, IDADE MEDIA,...) ESTAMOS A UTILIZAR MOITAS FONTES DE INFORMACIÓN.
UNHA DELAS FOI A VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA ONDE PUIDEMOS VER TODO O RELACIONADO COA PREHISTORIA.

lunes, 13 de abril de 2015

UN FÓSIL NO COLEXIO



Ola, son Sohaib da clase de 5ºA e como comezamos a estudar a Prehistoria e os períodos anteriores da Terra, decidín traer un recordo que tiña meu pai desa época. Chámase Trilobite, un tipo de cangrexo prehistórico que podía chegar medir 1m e os máis pequenos 1mm de lonxitude.
Os Trilobites apareceron moito antes que as plantas, dinosauros, peixes, mamíferos... son case tan antigos como o propio tempo. Tiveron os primeiros ollos coñecidos e tiveron tanto éxito que non cambiaron case nada ao longo de 300 millóns de anos. Vivía no Sahara cando era un océano.
O trilobite quedou como unha pedra e ao darlle un golpe parteu pola metade deixando ao ser inerte nunha pedra e a marca do contorno noutra.
Xa ensinado o fósil na miña clase e no outro 5º leveino xunto Azucena que me acompañou ás clases de infantil porque elas e eles tamén están a traballar con idades da terra e falaron dos dinosauros e de animais que os precederon.