Este é o blog de 6º do CEIP Vilaverde. Nel comezaramos a contar no 1º ciclo moitas cousas das que faciamos na clase pero tamén as nosas dúbidas, xogos, celebracións, actividades,... Este curso, no qur rematamos a primaria(2015/2016) seguiremos con máis novas.
lunes, 13 de abril de 2015
UN FÓSIL NO COLEXIO
Ola, son Sohaib da clase de 5ºA e como comezamos a estudar a Prehistoria e os períodos anteriores da Terra, decidín traer un recordo que tiña meu pai desa época. Chámase Trilobite, un tipo de cangrexo prehistórico que podía chegar medir 1m e os máis pequenos 1mm de lonxitude.
Os Trilobites apareceron moito antes que as plantas, dinosauros, peixes, mamíferos... son case tan antigos como o propio tempo. Tiveron os primeiros ollos coñecidos e tiveron tanto éxito que non cambiaron case nada ao longo de 300 millóns de anos. Vivía no Sahara cando era un océano.
O trilobite quedou como unha pedra e ao darlle un golpe parteu pola metade deixando ao ser inerte nunha pedra e a marca do contorno noutra.
Xa ensinado o fósil na miña clase e no outro 5º leveino xunto Azucena que me acompañou ás clases de infantil porque elas e eles tamén están a traballar con idades da terra e falaron dos dinosauros e de animais que os precederon.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario