viernes, 20 de febrero de 2015

NEGRA SOMBRA

No colexio Vilaverde estamos buscando información sobre un poema de Rosalía de Castro.
A cada grupo tocoulle un poema, a nós o titulado "NEGRA SOMBRA".
Tíñamos que buscar información sobre el e facer unha ilustración.
Xa sabemos que este poema foi incluido no poemario "FOLLAS NOVAS" no ano 1880 e que foi representado por primeira vez na Habana en 1892. Hai varias interpretacións del, entre elas que é unha homenaxe á morte do seu home ainda que tamén se cre que representa o temor de Rosalía á morte.
A nosa compañeira Cristina fixo un debuxo moi bonito que foi elixido para poñer no noso blog.
Todo isto o estamos facendo porque o próximo martes 24 de febreiro é o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e no colexio imos facerlle unha homenaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario