jueves, 21 de abril de 2016

HOMENAXE A CERVANTES NA BIBLIOTECA

HOXE, DESPOIS DE VIR TRABALLANDO SOBRE CERVANTES E A SÚA OBRA, FIXEMOS LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA


MAÑÁ TAMÉN COLABORAREMOS NA LECTURA CON ALUMNADO DE INFANTIL

TAMÉN CANTAMOS UN RAP rap



UNHA LECTURA CABALLERESCA

O vinteún de abril, o alumnado de sexto empregou tempo en ler unha parte dunha adaptación do tan coñecido "Don Quixote da Mancha".
A lectura realizouse na biblioteca que estaba preparada para a ocasión. Como ambientación: os personaxes debuxados a tamaño real, un atril e un micrófono estaban colocados no centro do "escenario".
Algo nervioso o alumnado por orde foi achegándose ao micrófono para realizar a lectura que prepararan con anterioridade.
Esta foi unha pequena homenaxe no Día do Libro no cuarto centenario da morte de Cervantes.
Ao día seguinte regresaron para lerlles unha miniadaptación ao alumnado de tres anos e cantarlles o rap "Fábrica de sueños" do grupo ZENIT.

viernes, 15 de abril de 2016

POR PONTEVEDRA, UN ESCRITO ELABORADO NA CLASE

EXCURSIÓN
O venres é o meu día preferido, e por riba tivemos unha excursión.
 Ao chegar ao colexio todas e todos nos preparamos e ás nove e media saímos a lume de carozo cara ao autobús, como facía tempo que non iamos a unha excursión e unha profe en prácticas que estivo na nosa clase íase, no autobús turramos como nunca.
Chegamos á praza de Galicia, entramos no teatro a escoitar a un grupo de cantantes dos que xa falaramos no colexio, a ver se vos soa: Xoán Curiel Ares, do grupo Máis de dous. Alí os compañeiros dos cantantes animáronnos para que bailásemos e vendo aos profesores bailando entraban máis ganas de bailar.
Á saída estabamos moi cansos de tanto bailar coa música, entón o profesorado levounos merendar ao pazo da deputación, pero non entramos, sentamos nas escaleiras e alí quedamos, cen nenas e nenos sentados nunhas escaleiras a merendar. O máis divertido(iso non di que o demais non fose divertido) foi ir dar un rodeo pola zona vella.
A profe díxonos que fósemos en grupos de clase, pero ninguén fixo caso, non sei se foi porque nos anularon un exame, ou porque facía bo tempo, ou por irnos da escola, ou por dar unha volta por Pontevedra, ou por ir cos amigos, ou...calquera outra cousa, non sei, pero todos estabamos moi contentos.
 Olvidáseme o mellor, que tiñamos que ir por toda Pontevedra cun mapa nas mans anotando a rota!!! si como escoitades, anotando a rota, eu fun espabilado e fun con alguén que sabía de mapas, aparte de que somos amigos, pero aínda así custounos seguir no mapa,... home!, tamén iamos preguntando aos profes de cando en vez. Eu parecía un pelegrín, dos que van facer o camiño de Santiago, levaba nunha man un mapa, noutra o lapis e ía cunha mochila pequena pero parecía moi grande e que levaba unha tenda de campaña porque tiña o meu abrigo máis o abrigo dun compañeiro, o único que me faltaba era levar un pao cunha cuncha. A xente marcaba a rota por cada rúa onde te meteses, pero a miña compañeira e eu anotabamos por cada paso, por iso sempre nos quedabamos atrás,...
 Dalí a un pouco chegamos ao autobús, máis ben chegariamos se seguisemos recto porque demos máis voltas ca un pato mareado,... en vinte ou trinta minutos que poderiamos ter chegado... chegamos nunha hora e algo,... demos voltas ou non? Eu non me mareei, pero dígoche que algún mirando cara ao mapa se mareou.
Pensei que ían estar todos cansos pero non, seguimos berrando uns cos outros ou gastando bromas ao de diante e non fun o único. Cando chegamos ao cole eran as dúas menos vinte, entón non nos ía por o exame, a nosa profe sería capaz pero non o fixo.
 Como xa dixen antes unha profesora nosa en prácticas iase, entón démoslle un agasallo que lle fixemos entre todas e todos e a profe como é moi boa regaloulle un chaveiro co zapato de Cincenta, e de súpeto despedímonos dela un a un, unha a unha, parecía que o tempo o controlaban porque cando rematamos de despedirnos tocou o timbre...
 entón saímos... como non!... correndo, e así rematou esta mañá, si esta aventura non foi nun dia senón nunha mañá, so unha mañá.
MIGUEL

jueves, 14 de abril de 2016

NO LABORATORIO COA ELECTRICIDADE E O MAGNETISMO

NESTES DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE ELECTRICIDADE E MAGNETISMO.
O LABORATORIO ESTÁ SENDO O CENTRO DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS.
USAMOS MATERIAIS VARIADOS.
XA VOS FALAREMOS DAS CONCLUSIÓNS.