martes, 3 de febrero de 2015

OS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Mañá, mércores 4, viaxaremos ata A Coruña para visitar a CASA DAS CIENCIAS, o PLANETARIO, o ACUARIO e a DOMUS. Seguro que traemos moitíiisima información para os nosos traballos de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, así seranos máis fácil sacar boas notas nestas disciplinas e todos e todas estaremos máis contentos e contentas.
Temos que levar:
-Chuvasqueiro
-Roupa cómoda
-Merenda para á mañá
-Comida
-Merenda para á tarde
E
-O caderno de observacións do grupo no que anotaremos datos importantes do museo que nos tocou a cada persoa. Repartimos o traballo para logo expoñelo na clase e facer unha reportaxe fotográfica.
Esta noite temos que durmir moito para ir relaxadas e relaxados.
Ata mañá
As profes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario