O mércores 8 de outubro, na clase de matemáticas traballamos co libro dixital.
Primeiro os encargados e as encargadas de cada grupo foron buscar os ordenadores dos seus compañeiros e das súas compañeiras, acendémolos e buscamos en internet o noso libro.
Cando o atopamos puxémonos a traballar cos exercicios, algúns no ordenador outros no caderno.
Antes de que tocase o timbre a nosa mestra Tere fíxonos unhas fotos traballando.
Foi unha clase diferente!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario