viernes, 20 de mayo de 2016

CELEBRACIÓN CON CHISTES E POEMAS


Recitado de poesías, conta de chistes, entrega de diplomas... Todo isto aconteceu o venres 20 (celebración das letras galegas).
Tiñamos todo preparado, o alumnado elixido do concurso de chistes e poemas da nosa clase saiú contalos ás clases de 5º e 6ºB. Presentamos tres poemas e varios chistes, entre eles un monólogo, que gustou bastante. Fixemos reconto de votos. Despois de ter aos gañadores e gañadoras preparados baixamos ao patio onde estaba montado o escenario e, nas columnas, poemas e fotos de Manuel María, debido a que este ano se lle dedica, a este gran poeta, o día das letras galegas.
Comezamos polas poesías de 1º e rematamos coas de 6º. Máis tarde o coro do noso colexio recitou un chisco dun poema musicado de Manuel María titulado "Dorna".Para finalizar contamos os chistes, que tamén tiveron diplomas, e volvimos á clase a gargalladas polos chistes e comentando os poemas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario