miércoles, 1 de junio de 2016

VISITA AO IES

                                                 
O instituto é un paso máis na vida, cando entras nel saes da túa zona de ''confort'', polo menos iso é o que nos dixeron as persoas maiores, ese paso ségueme aterrando. Hoxe aclarei un pouco as miñas dúbidas xa que, xunto co alumnado do CEIP  Marcón, visitamos o Politécnico.
A primeira impresión do edificio foi regular porque basicamente todo o instituto era de cores brancas e grises, parecíase a un hospital das pelis de terror. Ademais é un pouco agobiante que non haxa patio porque non te podes despexar, hai que estar dentro do edificio todo o tempo.
 Pero como todo, tamén ten cousas boas: unha super biblioteca, un ximnasio e a sala de actos moi grande anque mal aproveitada.
Sobre os alumnos e as alumnas que alí atopamos daban moi mal rollo, en cuanto á orientadora  aguantounos ata máis non poder.
Moita xente nos dixo que o instituto era horrible pero preferimos agardar e tirar as nosas propias conclusiónns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario