miércoles, 22 de junio de 2016

martes, 21 de junio de 2016

UN RECITAL DE POESÍAS

HOXE, FIXEMOS UN RECITAL POÉTICO NA BIBLIOTECA.
PREPARARAMOS POEMAS CADAQUÉN.
ELIXIMOS AQUEL POEMA QUE MÁIS NOS GUSTOU E...
CONVIDAMOS AO ALUMNADO DE INFANTIL A ESCOITARNOS.
FOI MOI BONITO.

miércoles, 8 de junio de 2016

ESTAMOS DE EXCURSIÓN

HOXE SAÍMOS DE EXCURSIÓN.
É A SAÍDA DE FINAL DE ETAPA.
A ISO DAS 13 HORAS XA ESTABAMOS POR AVILÉS. IREMOS POÑENDO AQUÍ AS FOTOS QUE RECIBAMOS

miércoles, 1 de junio de 2016

VISITA AO IES

                                                 
O instituto é un paso máis na vida, cando entras nel saes da túa zona de ''confort'', polo menos iso é o que nos dixeron as persoas maiores, ese paso ségueme aterrando. Hoxe aclarei un pouco as miñas dúbidas xa que, xunto co alumnado do CEIP  Marcón, visitamos o Politécnico.
A primeira impresión do edificio foi regular porque basicamente todo o instituto era de cores brancas e grises, parecíase a un hospital das pelis de terror. Ademais é un pouco agobiante que non haxa patio porque non te podes despexar, hai que estar dentro do edificio todo o tempo.
 Pero como todo, tamén ten cousas boas: unha super biblioteca, un ximnasio e a sala de actos moi grande anque mal aproveitada.
Sobre os alumnos e as alumnas que alí atopamos daban moi mal rollo, en cuanto á orientadora  aguantounos ata máis non poder.
Moita xente nos dixo que o instituto era horrible pero preferimos agardar e tirar as nosas propias conclusiónns.

sábado, 28 de mayo de 2016

TEMOS QUE COIDAR DO NOSO PLANETA

OS PROBLEMAS NO MEDIOAMBIENTE ESTÁN AFECTANDO AOS ANIMAIS, ÁS PLANTAS, AOS RÍOS, AOS MARES, AO AIRE... TODO O PLANETA ESTÁ SENDO DANADO...
COMO PODEREMOS CONTRIBUÍR A COIDALO?


viernes, 20 de mayo de 2016

CELEBRACIÓN CON CHISTES E POEMAS


Recitado de poesías, conta de chistes, entrega de diplomas... Todo isto aconteceu o venres 20 (celebración das letras galegas).
Tiñamos todo preparado, o alumnado elixido do concurso de chistes e poemas da nosa clase saiú contalos ás clases de 5º e 6ºB. Presentamos tres poemas e varios chistes, entre eles un monólogo, que gustou bastante. Fixemos reconto de votos. Despois de ter aos gañadores e gañadoras preparados baixamos ao patio onde estaba montado o escenario e, nas columnas, poemas e fotos de Manuel María, debido a que este ano se lle dedica, a este gran poeta, o día das letras galegas.
Comezamos polas poesías de 1º e rematamos coas de 6º. Máis tarde o coro do noso colexio recitou un chisco dun poema musicado de Manuel María titulado "Dorna".Para finalizar contamos os chistes, que tamén tiveron diplomas, e volvimos á clase a gargalladas polos chistes e comentando os poemas.