No colexio Vilaverde estamos buscando información sobre un poema de Rosalía de Castro.
A cada grupo tocoulle un poema, a nós o titulado "NEGRA SOMBRA".
Tíñamos que buscar información sobre el e facer unha ilustración.
Xa sabemos que este poema foi incluido no poemario "FOLLAS NOVAS" no ano 1880 e que foi representado por primeira vez na Habana en 1892. Hai varias interpretacións del, entre elas que é unha homenaxe á morte do seu home ainda que tamén se cre que representa o temor de Rosalía á morte.
A nosa compañeira Cristina fixo un debuxo moi bonito que foi elixido para poñer no noso blog.
Todo isto o estamos facendo porque o próximo martes 24 de febreiro é o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e no colexio imos facerlle unha homenaxe.
Este é o blog de 6º do CEIP Vilaverde. Nel comezaramos a contar no 1º ciclo moitas cousas das que faciamos na clase pero tamén as nosas dúbidas, xogos, celebracións, actividades,... Este curso, no qur rematamos a primaria(2015/2016) seguiremos con máis novas.
viernes, 20 de febrero de 2015
domingo, 8 de febrero de 2015
UN NOVO ENTROIDO VAI CHEGAR
NESTE ANO O ENTROIDO VÉN RELACIONADO CON FICCIÓN E CIENCIA...
PREPARAMOS A LIÑA DO TEMPO SOBRE O ENTROIDO TRADIICIONAL, O DISFRACE E LEMOS MOITO SOBRE O ENTROIDO...
ADEMAIS ESTE CURSO TÓCANOS PREPARAR "AS ÚLTIMAS VONTADES DE VILAVERDIÑO", QUEN POR CERTO INDA NON DEIXOU VER NIN UNHA SOA PLUMA POLO COLE... QUE ARGALLARÁ?

jueves, 5 de febrero de 2015
martes, 3 de febrero de 2015
OS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA
Mañá, mércores 4, viaxaremos ata A Coruña para visitar a CASA DAS CIENCIAS, o PLANETARIO, o ACUARIO e a DOMUS.
Seguro que traemos moitíiisima información para os nosos traballos de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, así seranos máis fácil sacar boas notas nestas disciplinas e todos e todas estaremos máis contentos e contentas.
Temos que levar:
-Chuvasqueiro
-Roupa cómoda
-Merenda para á mañá
-Comida
-Merenda para á tarde
E
-O caderno de observacións do grupo no que anotaremos datos importantes do museo que nos tocou a cada persoa. Repartimos o traballo para logo expoñelo na clase e facer unha reportaxe fotográfica.
Esta noite temos que durmir moito para ir relaxadas e relaxados.
Ata mañá
As profes.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)