DEICA SEMPRE VILAVERDE!
ESTE FOI O NOSO ÚLTIMO DÍA NO COLEXIO
Este é o blog de 6º do CEIP Vilaverde. Nel comezaramos a contar no 1º ciclo moitas cousas das que faciamos na clase pero tamén as nosas dúbidas, xogos, celebracións, actividades,... Este curso, no qur rematamos a primaria(2015/2016) seguiremos con máis novas.
miércoles, 22 de junio de 2016
martes, 21 de junio de 2016
UN RECITAL DE POESÍAS
HOXE, FIXEMOS UN RECITAL POÉTICO NA BIBLIOTECA.
PREPARARAMOS POEMAS CADAQUÉN.
ELIXIMOS AQUEL POEMA QUE MÁIS NOS GUSTOU E...
CONVIDAMOS AO ALUMNADO DE INFANTIL A ESCOITARNOS.
FOI MOI BONITO.
PREPARARAMOS POEMAS CADAQUÉN.
ELIXIMOS AQUEL POEMA QUE MÁIS NOS GUSTOU E...
CONVIDAMOS AO ALUMNADO DE INFANTIL A ESCOITARNOS.
FOI MOI BONITO.
martes, 14 de junio de 2016
miércoles, 8 de junio de 2016
ESTAMOS DE EXCURSIÓN
HOXE SAÍMOS DE EXCURSIÓN.
É A SAÍDA DE FINAL DE ETAPA.
A ISO DAS 13 HORAS XA ESTABAMOS POR AVILÉS. IREMOS POÑENDO AQUÍ AS FOTOS QUE RECIBAMOS
É A SAÍDA DE FINAL DE ETAPA.
A ISO DAS 13 HORAS XA ESTABAMOS POR AVILÉS. IREMOS POÑENDO AQUÍ AS FOTOS QUE RECIBAMOS
miércoles, 1 de junio de 2016
VISITA AO IES
O instituto é un paso máis na vida, cando entras nel saes da túa zona de ''confort'', polo menos iso é o que nos dixeron as persoas maiores, ese paso ségueme aterrando. Hoxe aclarei un pouco as miñas dúbidas xa que, xunto co alumnado do CEIP Marcón, visitamos o Politécnico.
A primeira impresión do edificio foi regular porque basicamente todo o instituto era de cores brancas e grises, parecíase a un hospital das pelis de terror. Ademais é un pouco agobiante que non haxa patio porque non te podes despexar, hai que estar dentro do edificio todo o tempo.
Pero como todo, tamén ten cousas boas: unha super biblioteca, un ximnasio e a sala de actos moi grande anque mal aproveitada.
Sobre os alumnos e as alumnas que alí atopamos daban moi mal rollo, en cuanto á orientadora aguantounos ata máis non poder.
Moita xente nos dixo que o instituto era horrible pero preferimos agardar e tirar as nosas propias conclusiónns.
sábado, 28 de mayo de 2016
TEMOS QUE COIDAR DO NOSO PLANETA
OS PROBLEMAS NO MEDIOAMBIENTE ESTÁN AFECTANDO AOS ANIMAIS, ÁS PLANTAS, AOS RÍOS, AOS MARES, AO AIRE... TODO O PLANETA ESTÁ SENDO DANADO...
COMO PODEREMOS CONTRIBUÍR A COIDALO?
COMO PODEREMOS CONTRIBUÍR A COIDALO?

viernes, 20 de mayo de 2016
CELEBRACIÓN CON CHISTES E POEMAS
Recitado de poesías, conta de chistes, entrega de diplomas... Todo isto aconteceu o venres 20 (celebración das letras galegas).
Tiñamos todo preparado, o alumnado elixido do concurso de chistes e poemas da nosa clase saiú contalos ás clases de 5º e 6ºB. Presentamos tres poemas e varios chistes, entre eles un monólogo, que gustou bastante. Fixemos reconto de votos. Despois de ter aos gañadores e gañadoras preparados baixamos ao patio onde estaba montado o escenario e, nas columnas, poemas e fotos de Manuel María, debido a que este ano se lle dedica, a este gran poeta, o día das letras galegas.
Comezamos polas poesías de 1º e rematamos coas de 6º. Máis tarde o coro do noso colexio recitou un chisco dun poema musicado de Manuel María titulado "Dorna".Para finalizar contamos os chistes, que tamén tiveron diplomas, e volvimos á clase a gargalladas polos chistes e comentando os poemas.
miércoles, 4 de mayo de 2016
E DE NOVO A POESÍA... PERO DESTA VEZ CON MANUEL MARÍA
MANUEL MARÍA ENTROU NAS AULAS DA MAN DAS MASCOTAS.
AS NOSAS CLASES NON ÍAN SER MENOS.
A VIDA E A OBRA DE MANUEL MARÍA SON AGORA OBXECTO DA NOSA INVESTIGACIÓN.
TAMÉN FACEMOS POEMAS PARA O CERTAME.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚN POEMA DO ESCRITOR PARA QUE OS GOCEDES:
AS NOSAS CLASES NON ÍAN SER MENOS.
A VIDA E A OBRA DE MANUEL MARÍA SON AGORA OBXECTO DA NOSA INVESTIGACIÓN.
TAMÉN FACEMOS POEMAS PARA O CERTAME.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGÚN POEMA DO ESCRITOR PARA QUE OS GOCEDES:
viernes, 22 de abril de 2016
SEGUIMOS EXPERIMENTANDO COA ELECTRICIDADE
ESTAMOS COLLÉNDOLLE AFECCIÓN A ISTO DE INVESTIGAR, VELAQUÍ O NOVO
jueves, 21 de abril de 2016
HOMENAXE A CERVANTES NA BIBLIOTECA
HOXE, DESPOIS DE VIR TRABALLANDO SOBRE CERVANTES E A SÚA OBRA, FIXEMOS LECTURA CONTINUADA DO QUIXOTE NA BIBLIOTECA
viernes, 15 de abril de 2016
POR PONTEVEDRA, UN ESCRITO ELABORADO NA CLASE
EXCURSIÓN
O venres é o meu día preferido, e por riba tivemos unha excursión.Ao chegar ao colexio todas e todos nos preparamos e ás nove e media saímos a lume de carozo cara ao autobús, como facía tempo que non iamos a unha excursión e unha profe en prácticas que estivo na nosa clase íase, no autobús turramos como nunca.
Chegamos á praza de Galicia, entramos no teatro a escoitar a un grupo de cantantes dos que xa falaramos no colexio, a ver se vos soa: Xoán Curiel Ares, do grupo Máis de dous. Alí os compañeiros dos cantantes animáronnos para que bailásemos e vendo aos profesores bailando entraban máis ganas de bailar.
Á saída estabamos moi cansos de tanto bailar coa música, entón o profesorado levounos merendar ao pazo da deputación, pero non entramos, sentamos nas escaleiras e alí quedamos, cen nenas e nenos sentados nunhas escaleiras a merendar. O máis divertido(iso non di que o demais non fose divertido) foi ir dar un rodeo pola zona vella.
A profe díxonos que fósemos en grupos de clase, pero ninguén fixo caso, non sei se foi porque nos anularon un exame, ou porque facía bo tempo, ou por irnos da escola, ou por dar unha volta por Pontevedra, ou por ir cos amigos, ou...calquera outra cousa, non sei, pero todos estabamos moi contentos.
Olvidáseme o mellor, que tiñamos que ir por toda Pontevedra cun mapa nas mans anotando a rota!!! si como escoitades, anotando a rota, eu fun espabilado e fun con alguén que sabía de mapas, aparte de que somos amigos, pero aínda así custounos seguir no mapa,... home!, tamén iamos preguntando aos profes de cando en vez. Eu parecía un pelegrín, dos que van facer o camiño de Santiago, levaba nunha man un mapa, noutra o lapis e ía cunha mochila pequena pero parecía moi grande e que levaba unha tenda de campaña porque tiña o meu abrigo máis o abrigo dun compañeiro, o único que me faltaba era levar un pao cunha cuncha. A xente marcaba a rota por cada rúa onde te meteses, pero a miña compañeira e eu anotabamos por cada paso, por iso sempre nos quedabamos atrás,...
Dalí a un pouco chegamos ao autobús, máis ben chegariamos se seguisemos recto porque demos máis voltas ca un pato mareado,... en vinte ou trinta minutos que poderiamos ter chegado... chegamos nunha hora e algo,... demos voltas ou non? Eu non me mareei, pero dígoche que algún mirando cara ao mapa se mareou.
Pensei que ían estar todos cansos pero non, seguimos berrando uns cos outros ou gastando bromas ao de diante e non fun o único. Cando chegamos ao cole eran as dúas menos vinte, entón non nos ía por o exame, a nosa profe sería capaz pero non o fixo.
Como xa dixen antes unha profesora nosa en prácticas iase, entón démoslle un agasallo que lle fixemos entre todas e todos e a profe como é moi boa regaloulle un chaveiro co zapato de Cincenta, e de súpeto despedímonos dela un a un, unha a unha, parecía que o tempo o controlaban porque cando rematamos de despedirnos tocou o timbre...
entón saímos... como non!... correndo, e así rematou esta mañá, si esta aventura non foi nun dia senón nunha mañá, so unha mañá.
MIGUEL
jueves, 14 de abril de 2016
NO LABORATORIO COA ELECTRICIDADE E O MAGNETISMO
NESTES DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE ELECTRICIDADE E MAGNETISMO.
O LABORATORIO ESTÁ SENDO O CENTRO DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS.
USAMOS MATERIAIS VARIADOS.
XA VOS FALAREMOS DAS CONCLUSIÓNS.

O LABORATORIO ESTÁ SENDO O CENTRO DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS.
USAMOS MATERIAIS VARIADOS.
XA VOS FALAREMOS DAS CONCLUSIÓNS.


martes, 12 de abril de 2016
jueves, 17 de marzo de 2016
XA RODOLFO VIAXA AO SALÓN DO LIBRO
As nosas fichas e as do resto do colexio xa están no lombo de Rodolfo que é o encargado de levalas ao Salón do Libro organizadas alfabeticamente
miércoles, 24 de febrero de 2016
O DÍA DE ROSALÍA
HOXE NA CLASE TEMOS UNHA FOTO DE ROSALÍA DE CASTRO E UN POEMA SEU.
É O SEU DÍA PORQUE NACEU UN 24 DE FEBREIRO... E PARA HOMENAXEALA IMOS LEMBRAR A SÚA BIOGRAFÍA E RECITAR ALGO DA SÚA OBRA

LEMOS UN POEMA DELA QUE TEN QUE VER CON BICHOS, XA QUE NO COLE ESTAMOS A TRABALLAR NESTE MES NUN CENTRO DE INTERESE SOBRE OS BICHOS COMO XA VOS DIXEMOS NOUTRA ENTRADA..
ADEMAIS TEMOS UN BROCHE COA FOTO DE ROSALÍA PARA LEVAR NO PEITO,
PREPARAMOS AO LONGO DA SEMANA UN RECITADO E IMOS FACELO NAS DIFERENTES CLASES DO COLE.
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!..
É O SEU DÍA PORQUE NACEU UN 24 DE FEBREIRO... E PARA HOMENAXEALA IMOS LEMBRAR A SÚA BIOGRAFÍA E RECITAR ALGO DA SÚA OBRA
LEMOS UN POEMA DELA QUE TEN QUE VER CON BICHOS, XA QUE NO COLE ESTAMOS A TRABALLAR NESTE MES NUN CENTRO DE INTERESE SOBRE OS BICHOS COMO XA VOS DIXEMOS NOUTRA ENTRADA..
ADEMAIS TEMOS UN BROCHE COA FOTO DE ROSALÍA PARA LEVAR NO PEITO,
PREPARAMOS AO LONGO DA SEMANA UN RECITADO E IMOS FACELO NAS DIFERENTES CLASES DO COLE.
FELIZ DÍA DE ROSALÍA!..
miércoles, 17 de febrero de 2016
TRABALLANDO SOBRE BICHOS
NO CENTRO ANDAMOS A TRABALLAR SOBRE OS BICHOS.
LEMOS TEXTOS RELACIONADOS CON ELES,
CLASIFICÁMOLOS
DESCRIBÍMOLOS,
INVENTAMOS BICHOS NOVOS
ELABORAMOS FICHAS.
XA VEREDES OS RESULTADOS
LEMOS TEXTOS RELACIONADOS CON ELES,
CLASIFICÁMOLOS
DESCRIBÍMOLOS,
INVENTAMOS BICHOS NOVOS
ELABORAMOS FICHAS.
XA VEREDES OS RESULTADOS
sábado, 6 de febrero de 2016
O NOSO DÍA, O ENTROIDO
HOXE CELEBRÁMOLO MAGOSTO NO COLEXIO.
NESTE DÍA NÓS, O ALUMNADO DE SEXTO, SOMOS UN ELEMENTO FUNDAMENTAL NO ENGRANAXE DA CELEBRACIÓN. TEMOS VARIAS MISIÓNS:
-TRAEMOS FILLOAS, ORELLAS E OUTROS PRODUCTOS PARA VENDER
-BAIXAMOS O VILAVERDIÑO PARA A CELEBRACIÓN
-FACEMOS O XUIZO A VILAVERDIÑO
-PARTICIPAMOS NO DESFILE. ESTE ANO IMOS DE HOMES ANUNCIO DE EDIFICIOS QUE INVITAMOS A VISITAR , ESTÁN SITUADOS NA UNIÓN EUROPEA E FORON CONSTRUIDOS ENTRE OS SÉCULOS XIX E XXI, DA IDADE CONTEMPORÁNEA.
-VENDEMOS OS PRODUCTOS
-SORTEAMOS UN LOTE DE PRODUCTOS DA ÉPOCA
-LEVAMOS A VILAVERDIÑO PARA A SÚA QUEIMA
miércoles, 3 de febrero de 2016
UNHA XUNTANZA COAS FAMILIAS
ONTE HOUBO UNHA XUNTANZA COAS AS FAMILIAS, NELA TRATAMOS:
- A AVALIACIÓN FINAL DE PRIMARIA
- O DESENVOLVEMENTO DA FESTA DO ENTROIDO E A EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO.
-
- A AVALIACIÓN FINAL DE PRIMARIA
- O DESENVOLVEMENTO DA FESTA DO ENTROIDO E A EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO.
-
lunes, 1 de febrero de 2016
"DE MADERA Y CON VIDA"
Atended que os lo cuento más detalladamente.
¡LUCES, CÁMARA...ACCIÓN!
Era el típico lunes, niños somnolientos algunos con la mano levantada y otros bostezando. Ya estábamos en fila para ver la obra.
Sentados en el teatro y antes de empezar, dos niñas y Tamara, nuestra profe de prácticas, subieron al escenario para grabar efectos especiales.
Nos pareció una obra curiosa, pasaban de ser especialistas a ser espectadores de una obra de teatro imaginaria y utilizaban el mismo decorado para recrear diversos lugares. Además hacer esa obra no tuvo que ser muy costoso ya que todo era de cartón, tenían ropa vieja. Esto me demostró que con poco dinero se pueden hacer cosas muy interesantes, lo importante es tener buenas ideas.
domingo, 31 de enero de 2016
O ENTROIDO XA CHEGA ÁS AULAS
LEVAMOS VARIOS DÍAS TRABALLANDO SOBRE O ENTROIDO.
TEREMOS DISFRACES MOI NOVIDOSOS RELACIONADOS COA NOSA INVESTIGACIÓN INTERCULTURAL ARQUITECTÓNICA...
ADEMAIS ELABORAMOS AS COPLAS DO XUÍZO PARA O GALO VILAVERDIÑO QUE ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR.
TEREMOS DISFRACES MOI NOVIDOSOS RELACIONADOS COA NOSA INVESTIGACIÓN INTERCULTURAL ARQUITECTÓNICA...
ADEMAIS ELABORAMOS AS COPLAS DO XUÍZO PARA O GALO VILAVERDIÑO QUE ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR.
viernes, 22 de enero de 2016
UN PROXECTO SOBRE MAPAS
O PROXECTO SOBRE MANIFESTACIÓNS ARQUITECTÓNICAS LEVOUNOS Á NECESIDADE DE COÑECER ALGO SOBRE OS MAPAS E FÓRMULAS DE REPRESENTACIÓN...
ASÍ QUE ANDAMOS CUN PROXECTO PEQUENO SOBRE ESA TEMÁTICA.

EN AMBOS PROXECTOS AS MATEMÁTICAS ESTÁN PRESENTES: FIGURAS E CORPOS XEOMÉTRICOS, ESCADAS,...

ASÍ QUE ANDAMOS CUN PROXECTO PEQUENO SOBRE ESA TEMÁTICA.

EN AMBOS PROXECTOS AS MATEMÁTICAS ESTÁN PRESENTES: FIGURAS E CORPOS XEOMÉTRICOS, ESCADAS,...
jueves, 21 de enero de 2016
REDACTANDO EN CLASE
NA CLASE REDACTAMOS UNHA HISTORIA A PARTIR DAS IMAXES. SAÍRON VARIAS VERSIÓNS. VELAQUÍ DOUS DESES RESULTADOS:
UNA FOTO INESPERADA
Había una vez un padre y un hijo que fueron juntos a dar un paseo, pero también a contemplar la naturaleza.
Vieron un cisne en un estanque y decidieron sacarse una foto con él de forma que se viese el paisaje.
Cuando el padre le dio al temporizador fue corriendo junto a su hijo para salir en la foto, pero tropezó con una piedra y se cayó al río...
Por lo tanto, la foto no salió como ellos esperaban.
EL PADRE "PATOSO"
Un día normal, un padre y su hijo iban andando por el parque, el padre le dijo a su hijo:
- Hey! mira un estanque con patos, vamos a hacernos una foto!
- Pfff! vale...
El padre colocó la cámara...
Fue corriendo para salir en la foto.Desgraciadamente había una piedra en el trayecto y...
Hombre al agua!
El padre acabó nadando con los patos.
UNA FOTO INESPERADA
Había una vez un padre y un hijo que fueron juntos a dar un paseo, pero también a contemplar la naturaleza.
Vieron un cisne en un estanque y decidieron sacarse una foto con él de forma que se viese el paisaje.
Cuando el padre le dio al temporizador fue corriendo junto a su hijo para salir en la foto, pero tropezó con una piedra y se cayó al río...
Por lo tanto, la foto no salió como ellos esperaban.
Pilar Antón Durán
EL PADRE "PATOSO"
Un día normal, un padre y su hijo iban andando por el parque, el padre le dijo a su hijo:
- Hey! mira un estanque con patos, vamos a hacernos una foto!
- Pfff! vale...
El padre colocó la cámara...
Fue corriendo para salir en la foto.Desgraciadamente había una piedra en el trayecto y...
Hombre al agua!
El padre acabó nadando con los patos.
Marcos Álvarez Garrido
viernes, 15 de enero de 2016
O ALUMNADO DE 6º FOMOS AO PAZO DA CULTURA
Hoxe no Pazo da Cultura coñecemos a Karyna Gomes, a revelación da música lusófona.
Asistimos dentro das actividades relacionadas co Festival Internacionsl da Lusofonía, Cantos na Maré.
Foi unha experiencia moi interesante, puidemos entrevistar a Karyna Gomes.
Ollade a reportaxe no xornal dixital clicando aquí
Asistimos dentro das actividades relacionadas co Festival Internacionsl da Lusofonía, Cantos na Maré.
Foi unha experiencia moi interesante, puidemos entrevistar a Karyna Gomes.
Ollade a reportaxe no xornal dixital clicando aquí
miércoles, 13 de enero de 2016
PAZ E MANIFESTACIÓNS CULTURAIS
RESPECTAR E COÑECER AS DIFERENTES MANIFESTACIÓNS CULTURAIS FORMA PARTE DA CONSECUCIÓN DA PAZ.
NÓS, ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE A CULTURA A TRAVÉS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA.
LEVAMOS XA VARIOS DÍAS CON ESTE PROXECTO.
NÓS, ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE A CULTURA A TRAVÉS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA.
LEVAMOS XA VARIOS DÍAS CON ESTE PROXECTO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)