domingo, 8 de febrero de 2015

UN NOVO ENTROIDO VAI CHEGAR

NESTE ANO O ENTROIDO VÉN RELACIONADO CON FICCIÓN E CIENCIA...
 PREPARAMOS A LIÑA DO TEMPO SOBRE O ENTROIDO TRADIICIONAL, O DISFRACE E LEMOS MOITO SOBRE O ENTROIDO...
ADEMAIS ESTE CURSO TÓCANOS PREPARAR "AS ÚLTIMAS VONTADES DE VILAVERDIÑO", QUEN POR CERTO INDA NON DEIXOU VER NIN UNHA SOA PLUMA POLO COLE... QUE ARGALLARÁ?


martes, 3 de febrero de 2015

OS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Mañá, mércores 4, viaxaremos ata A Coruña para visitar a CASA DAS CIENCIAS, o PLANETARIO, o ACUARIO e a DOMUS. Seguro que traemos moitíiisima información para os nosos traballos de Ciencias da Natureza e Ciencias Sociais, así seranos máis fácil sacar boas notas nestas disciplinas e todos e todas estaremos máis contentos e contentas.
Temos que levar:
-Chuvasqueiro
-Roupa cómoda
-Merenda para á mañá
-Comida
-Merenda para á tarde
E
-O caderno de observacións do grupo no que anotaremos datos importantes do museo que nos tocou a cada persoa. Repartimos o traballo para logo expoñelo na clase e facer unha reportaxe fotográfica.
Esta noite temos que durmir moito para ir relaxadas e relaxados.
Ata mañá
As profes.

ACTIVIDADE: O CARTAFOL DO LÉREZ


Un monitor dounos unha charla sobre o Cartafol do Lërez, explicounos que todo o alumnado de 5º e 6º dos colexios de Pontevedra poden participar ; contounos un conto sobre un señor que facía todo sempre a mesma hora, nin un minuto máis nin un minuto menos e sempre ía vestido de cor gris ademáis o seu rostro era de cor gris,pero tiña un sono que ao final cumpliuselle. O seu soño era ser cantante nunha orquestra.

O monitor explicounos que tiñamos que pensar persoaxes e cores e logo dicilas, a min tocoume de título un mestre vestido de verde, dounos un pouco de tempo para facer o principio dun conto similar ao que nos leu, eu remateino a tempo dixo que o ía levar para a súa casa para darnos consellos e dicirnos en que o podíamos mellorar, gustaríame gañar aínda que se non gano quédome coa satisfación dunha clase divertida e de participar na actividade
.