No colexio Vilaverde estamos buscando información sobre un poema de Rosalía de Castro.
A cada grupo tocoulle un poema, a nós o titulado "NEGRA SOMBRA".
Tíñamos que buscar información sobre el e facer unha ilustración.
Xa sabemos que este poema foi incluido no poemario "FOLLAS NOVAS" no ano 1880 e que foi representado por primeira vez na Habana en 1892. Hai varias interpretacións del, entre elas que é unha homenaxe á morte do seu home ainda que tamén se cre que representa o temor de Rosalía á morte.
A nosa compañeira Cristina fixo un debuxo moi bonito que foi elixido para poñer no noso blog.
Todo isto o estamos facendo porque o próximo martes 24 de febreiro é o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e no colexio imos facerlle unha homenaxe.
Este é o blog de 6º do CEIP Vilaverde. Nel comezaramos a contar no 1º ciclo moitas cousas das que faciamos na clase pero tamén as nosas dúbidas, xogos, celebracións, actividades,... Este curso, no qur rematamos a primaria(2015/2016) seguiremos con máis novas.
viernes, 20 de febrero de 2015
NAVEGA CON RUMBO
Hoxe tivemos unha charla na que nos explicaron os coidados que debiamos ter co internet.
Veu un señor chamado Enrique a darnos unha charla sobre a seguridade cando te metes en internet; dixéronnos que internet é unha rede e tamén unha maneira de comunicarte cun familiar que viva lonxe de ti,fixeronnós moitas preguntas como por exemplo se internet é malo; Enrique dixo que el cría que a mellor resposta e que ten cousas boas e cousas malas, tamén nos preguntaron se era perigoso, una nena dixo que é perigoso cando chateas con persoas que non coñeces pero se buscas información ou queres xogar ou chatear cun familiar non é perigoso, tamén nos contaron moitas maneiras de facerlle mal as persoas ou acosalas e que non debes darlle datos privados ou fotos as persoas que non coñezas.

domingo, 8 de febrero de 2015
UN NOVO ENTROIDO VAI CHEGAR
NESTE ANO O ENTROIDO VÉN RELACIONADO CON FICCIÓN E CIENCIA...
PREPARAMOS A LIÑA DO TEMPO SOBRE O ENTROIDO TRADIICIONAL, O DISFRACE E LEMOS MOITO SOBRE O ENTROIDO...
ADEMAIS ESTE CURSO TÓCANOS PREPARAR "AS ÚLTIMAS VONTADES DE VILAVERDIÑO", QUEN POR CERTO INDA NON DEIXOU VER NIN UNHA SOA PLUMA POLO COLE... QUE ARGALLARÁ?

jueves, 5 de febrero de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)